ENTRANTES menú de servizos
octopusnosmedios fálanos!
...quen somos?

Son Paula Fraga, cachola pensante tras OCTOPUSTOTHE PARTY!

 

A miña relación coa hostalería comeza aló polo 2000 nas Illas Canarias, para continuar máis tarde en Londres e asentarse na Coruña, onde me diplomei en Turismo. Uns anos despois engadinlle un Máster en Servizos Culturais e outra boa tempada no Reino Unido antes de pousar definitivamente en Compostela.

 

Aquí, o meu manexo do inglés resultou chave para transmitir axeitadamente o marabilloso produto galego que cada día procuran centos de visitantes. Porque unha boa atención é igual a críticas positivas. Porque o camiño á excelencia comeza nas pequenas cousas. E porque en definitiva, saber vender é saber comunicar.

 

Así foi como xurdiu OCTOPUSTOTHE PARTY! Como unha ferramenta imprescindible para non quedar sen palabras, un método sinxelo que engada valor á labor profesional de tantos colegas, unha guía rápida de atención en inglés para quen non fala inglés e como unha visión cualificada do servizo que queremos ofrecer.

 

Atréveste a probar?

 

 

menú de servizos

octopustotheparty ©.  Todos os dereitos reservados.