*Extra de pementón: sesións formativas para grupos de 5 persoas máximo. Sodes unha tropa? Pois 10€ máis por cabeza.
* Xerra de Ribeiro: A duración das sesións é de aproximadamente 30 min.
Realizamos desde traduccións de menús a sesións formativas personalizadas co MÉTODO OCTOPUS!
+ Tradución/ Revisión carta
+ Manual personalizado
+ Palabras chave para vender en inglés
+ 2 sesións formativas
Outras 3 sesións formativas con dinámicas de grupo, casos prácticos...
4 sesións máis ata fartar!
O que e para que?
Os OCTOPUS DAYS son días "temáticos" nos que OCTOPUSTOTHEPARTY! ofrece faladoiros participativos en inglés relacionados cun produto.
Están dirixidos a XENTE DE AQUÍ, que quere coñecer/catar un produto ao tempo que fala/practica inglés, e a XENTE DE ACOLÁ, deseosa de coñecer e catar os nosos produtos sen barreiras lingüísticas que os limiten.
Vale o meu establecemento?
Pero como non vai valer! Os OCTOPUS DAYS están pensados para calquera tipo de local ou marca. Ben sexa de xeito puntual ou periodicamente, garantimos que a través do inglés:
- Dinamizarás o teu espazo e marca
- Darás a coñecer o teu produto entre un público moi variado
- Incentivarás a venda
Experiencias!
Todos os luns arredor das 20:30h brindamos no MoNDaY WiNE.
Unha colaboración de OCTOPUSTOTHEPARTY! e o Espazo Enocultural VIDE, VIDE! onde falamos de viños bebendo en inglés, compartimos historias e aromas, e sumamos siareiros procedentes de todos os recantos do mundo aos viños galegos.
Apetéceche un aire novo para o teu negocio? Fala con nós!
octopustotheparty ©. Todos os dereitos reservados.